Armando Azua-Bustos: O lugar máis marciano da Terra

TED2017

Armando Azua-Bustos: O lugar máis marciano da Terra

566,204 views


Como estudar Marte sen unha nave espacial? Indo ao lugar máis marciano da Terra: o deserto de Atacama, en Chile. O astrobiólogo Armando Azua-Bustos criouse nesta vasta e árida paisaxe, e agora estuda as formas de vida que conseguiron adaptarse a sobrevivir aquí, algunhas en zonas en que non chove desde hai 400 anos. Explora as posibilidades de atopar vida en calquera outro lugar do universo sen deixar o planeta nesta rápida e divertida charla.

Titus Kaphar: Pode a arte corrixir a historia?

TED2017

Titus Kaphar: Pode a arte corrixir a historia?

988,523 views


O artista Titus Kaphar pinta cadros e crea esculturas que se enfrontan ás loitas do pasado ao tempo que falan da diversidade e os progresos do presente. Nun inesquecible obradoiro en directo, Kaphar aplica un pincel enchoupado en pintura branca a unha réplica dunha obra de Frans Hals do século XVII, velando partes da composición para traer á luz a historia oculta. Hai un relato codificado neste tipo de arte, di Kaphar. Que acontece cando cambiamos de enfoque e nos enfrontamos ás verdades agochadas?

Mehdi Ordikhani-Seyedlar: Que ocorre no cerebro cando pos atención?

TED2017

Mehdi Ordikhani-Seyedlar: Que ocorre no cerebro cando pos atención?

1,715,179 views


A atención non está só relacionada coas cousas en que nos concentramos senón tamén co que o cerebro filtra. Investigando os padróns cerebrais que ocorren mentres as persoas intentan concentrarse, o neurocientífico computacional Mehdi Ordikhani-Seyedlar agarda achegar aínda máis o cerebro aos ordenadores e construír modelos que poidan utilizarse para tratar o TDAH (trastorno por déficit de atención e hiperactividade) e axudar a quen perdeu a capacidade de comunicarse. Escoita máis sobre esta emocionante ciencia nesta charla breve e fascinante.

Chimamanda Ngozi Adichie: Todos deberíamos ser feministas

TEDxEuston

Chimamanda Ngozi Adichie: Todos deberíamos ser feministas

1,359,130 views


Ensinamos ás nenas que poden ter ambición, pero non demasiada... poden ter éxito, pero non demasiado, ou os homes sentiránse ameazados, di Chimamanda Ngozi Adichie. Nesta charla clásica que abriu unha xuntanza mundial sobre feminismo, Adichie pídenos que empecemos a soñar e plantexar un mundo diferente, máis xusto -- de homes e mulleres máis felices que sexan fieis a si mesmos.

Zubaida Bai: Un básico bolso natalicio para as nais do Terceiro Mundo

TED Residency

Zubaida Bai: Un básico bolso natalicio para as nais do Terceiro Mundo

749,993 views


Zubaida Bai, membro da comunidade TED, traballa con profesionais médicos, matronas e nais para posibilitar intervencións dignas e baratas na asistencia médica a mulleres. Nesta breve e impresionante conferencia, amosa o seu simple bolso natalicio, que contén todo o que unha muller precisa para dar a luz dun xeito hixiénico e san, sen que importe en que lugar do mundo se atope (ou como de lonxe se estea dun centro médico).

Sue Klebold: O meu fillo foi un tiroteador en Columbine. Esta é a miña historia.

TEDMED 2016

Sue Klebold: O meu fillo foi un tiroteador en Columbine. Esta é a miña historia.

1,922,071 views


Sue Klebold é a nai de Dylan Klebold, un dos dous tiroteadores que mataron a 12 estudantes e un profesor na masacre do instituto Columbine. Sue pasou anos escarvando en cada detalle da súa vida familiar, intentando comprender se puido ter feito algo para previr a violencia do seu fillo. Nesta charla difícil e dolorosa, Klebold explora a intersección entre a saúde mental e a violencia, pedíndolles a pais e profesionais que examinen a relación entre os pensamentos suicidas e os homicidas.

Chinaka Hodge: Que lles contaredes ás vosas fillas do 2016?

TEDWomen 2016

Chinaka Hodge: Que lles contaredes ás vosas fillas do 2016?

944,955 views


Con palabras coma fragmentos de vidro, Chinaka Hodge procede á disección do 2016; deixa que 12 meses de violencia, dor, medo, vergoña, carraxe e esperanza se derramen neste orixinal poema sobre un ano que ningún de nós olvidará facilmente.

Rebecca Brachman: Pode un fármaco previr a depresión e o estrés postraumático?

TEDxNewYork

Rebecca Brachman: Pode un fármaco previr a depresión e o estrés postraumático?

1,101,590 views


O camiño cara a un novo fármaco está empedrado con descubrimentos accidentais. Neste conto ben contado de como se produce a ciencia, a neurocientífica Rebecca Brachman comparte noticias dun tratamento innovador atopado de forma fortuíta que pode previr o desenvolvemento de trastornos mentais como a depresión ou o estrés postraumático. E agarda atento por un inesperado --e controvertido-- xiro.

Kandice Summer: Cómo a escola pública americana mantén aos nenos na pobreza.

TEDxBeaconStreet

Kandice Summer: Cómo a escola pública americana mantén aos nenos na pobreza.

1,058,001 views


Por que unha boa educación debería ser exclusiva para os nenos ricos? Nas escolas de barrios con poucos recursos o largo de EE.UU., e en especial nas comunidades de cor, existe unha falta de materiais que nas escolas con maiores ingresos son considerados como o máis básico. Entre eles atopamos instrumentos musicais, libros novos, comidas saudables e mesmo campos de fútbol; todos eles teñen unha importante repercusión no desenvolvemento do potencial dos alumnos. Kandice Summer observa esta disparidade na súa aula de Boston todos os días. Nesta inspiradora charla, pídenos que afrontemos os feitos, e que os cambiemos.

Christopher Soghoian: O teu teléfono intelixente é un asunto de dereitos civís

TEDSummit

Christopher Soghoian: O teu teléfono intelixente é un asunto de dereitos civís

1,068,764 views


O teléfono intelixente que usas reflite máis ca un gusto persoal... tamén podería determinar como de cerca podes ser rastrexado. O experto en privacidade e TED Fellow Christopher Soghoian explícanos unha notoria diferenza entre a encriptación utilizada polos dispositivos de Apple e Android, e ínstanos a prestar atención á crecente fenda de seguridade dixital. " Se os únicos que poden protexerse da mirada do goberno son os ricos e poderosos, temos un problema", di el. "Non é só un problema de ciberseguridade - é un problema de dereitos civís."

Kelli Jean Drinkwater: Xa basta de medo á gordura

TEDxSydney

Kelli Jean Drinkwater: Xa basta de medo á gordura

1,613,155 views


Nunha sociedade obsesionada coa imaxe corporal e marcada polo medo á gordura, Kelli Jean Drinkwater adéntrase na radical política corporal a través da arte. Enfronta a percepción pública que se ten dos corpos grandes levándoos a lugares onde antes resultaba impensable a súa presenza (dende pasarelas de moda ata o Festival de Sydney) e ademais trata de persuadirnos para mirar de novo e repensar os nosos prexuízos. "Un corpo gordo sen complexos é capaz de asombrar as persoas", di.

Todd Coleman: A tatuaxe temporal que trae os coidados hospitalarios á casa

TEDMED 2015

Todd Coleman: A tatuaxe temporal que trae os coidados hospitalarios á casa

1,096,113 views


E se os médicos puidesen monitorizar aos pacientes na casa co mesmo grao de precisión ca se estivesen no hospital? Todd Coleman, un innovador do ámbito da bioelectrónica, comparte a súa busca para desenvolver parches monitorizados, electrónicos, poñibles e flexibles que prometen revolucionar a asistencia sanitaria e facer a medicina menos invasiva.

John McWhorter: Catro razóns para aprender unha lingua nova

TED2016

John McWhorter: Catro razóns para aprender unha lingua nova

2,157,670 views


O inglés estase convertendo na lingua universal e a tecnoloxía de tradución automática mellora cada ano. Entón, por que molestarse en aprender unha lingua estranxeira? O lingüista e profesor de Columbia John McWhorter comparte catro atractivos beneficios de aprender unha lingua descoñecida.

Ed Boyden: Unha nova forma de estudar os segredos invisíbeis do cerebro.

TEDSummit

Ed Boyden: Unha nova forma de estudar os segredos invisíbeis do cerebro.

1,216,734 views


O neuroenxeñeiro Ed Boyden quere saber como as diminutas biomoléculas do noso cerebro xeran emocións, pensamentos e sentimentos, e quere atopar os cambios moleculares que levan a trastornos como a epilepsia e o alzhéimer. En lugar de ampliar estas estruturas invisíbeis baixo un microscopio, pregúntase: E se as ampliásemos fisicamente e as fixésemos máis doadas de ver? Descubre como os mesmos polímeros usados para inflar os cueiros dos bebés poderían ser a clave para entender mellor os nosos cerebros.

Franz Freudenthal: Unha nova forma de curar corazóns sen ciruxía

TED2016

Franz Freudenthal: Unha nova forma de curar corazóns sen ciruxía

1,192,495 views


Na intersección entre a invención médica e a cultura indíxena, o cardiólogo pediatra Franz Freudenthal remenda ocos nos corazóns de nenos de todo o mundo usando un dispositivo nacido da tecelaxe tradicional boliviana. "Os problemas máis complexos do noso tempo", di el, "poden solucionarse con técnicas sinxelas, se somos quen de soñar".

Mariano Sigman: As túas palabras poderían predicir a túa futura saúde mental

TED2016

Mariano Sigman: As túas palabras poderían predicir a túa futura saúde mental

2,191,970 views


Pode a forma en que falas e escribes hoxe predicir o teu estado mental futuro? Incluso o comezo dunha psicose? Nesta fascinante charla, o neurocientífico Mariano Sigman reflexiona acerca da Grecia clásica e as orixes da introspección para investigar como as nosas palabras amosan a nosa vida interior e explica con detalle un algoritmo de mapeamento de palabras que podería predicir o desenvolvemento da esquizofrenia. "Poderíamos ver no futuro unha forma diferente de saúde mental," di Sigman, "baseada na análise obxectiva, cuantitativa e automatizada das palabras que escribimos, das palabras que pronunciamos."

Laura Indolfi: Boas noticias na loita contra o cancro de páncreas

TED2016

Laura Indolfi: Boas noticias na loita contra o cancro de páncreas

1,134,296 views


Calquera que perdera un ser querido por cancro de páncreas, sabe ben a devastadora velocidade con que esta enfermidade pode afectar a unha persoa sa. Laura Indolfi, emprendedora en biomedicina e membro de TED, está desenvolvendo un método revolucionario para tratar esta complexa e letal enfermidade: un dispositivo dispensador de fármacos que actúa coma unha gaiola sobre o tumor, evitando a súa propagación e liberando o medicamento só onde é necesario. Como di ela: "Esperamos que algún día o cancro de páncreas sexa unha enfermidade curábel".

Uri Hasson: Este é o teu cerebro en comunicación

TED2016

Uri Hasson: Este é o teu cerebro en comunicación

1,490,013 views


O neurocientífico Uri Hasson investiga as bases da comunicación humana, e os experimentos do seu laboratorio revelan que mesmo desde distintos idiomas, os nosos cerebros amosan unha actividade similar, ou "alíñanse", cando escoitamos a mesma idea ou o mesmo relato. Este sorprendente mecanismo neural permítenos transmitir padróns cerebrais, compartir recordos e coñecemento. "Podemos comunicarnos porque temos un código común que representa o significado", afirma Hasson.

Chris Anderson: O segredo do TED para un gran discurso

TED Studio

Chris Anderson: O segredo do TED para un gran discurso

1,422,873 views


Non hai unha fórmula única para unha gran charla, pero todas as mellores teñen en común un ingrediente secreto. Chris Anderson comparte este segredo, xunto con catro xeitos de facer que che funcione. Tes o que hai que ter para compartir unha idea que pague a pena difundir?

Adam Grant: Os hábitos sorprendentes dos pensadores orixinais

TED2016

Adam Grant: Os hábitos sorprendentes dos pensadores orixinais

4,228,773 views


Como se lles ocorren as grandes ideas ás persoas creativas? O psicólogo organizacional Adam Grant estuda aos "orixinais": pensadores que soñan ideas novas e pasan á acción para traelas ao mundo. A través desta charla coñeceremos tres hábitos inesperados dos orixinais --entre os que se inclúe aceptar o fracaso. "Os grandes orixinais son os que máis fallan, porque son os que máis o intentan," di Grant. "Son necesarias moitas malas ideas para obter unhas poucas boas."

Danielle Feinberg: O ingrediente máxico que lle da vida ás películas de Pixar

TED Talks Live

Danielle Feinberg: O ingrediente máxico que lle da vida ás películas de Pixar

2,375,370 views


Danielle Feinberg, directora de fotografía de Pixar, crea historias con alma usando as matemáticas, a ciencia e a codificación. Tralas esceas de Buscando a Nemo, Toy Story, Brave,Wall-E e moitas outras, descóbrese como Pixar entrelaza arte e ciencia para crear mundos fantásticos nos que as cousas que imaxinas poden facerse realidad. Esta conferencia TED vén do especia de PBS"TED Talks: ciencia e asombro

Linus Torvalds: A mente detrás de Linux

TED2016

Linus Torvalds: A mente detrás de Linux

2,524,601 views


Linus Torvalds transformou a tecnoloxía dúas veces: primeiro, co núcleo de Linux, que axuda a soster Internet, e despois co Git, o sistema de xestión de código fonte usado por programadores en todo o mundo. Nunha rara entrevista co comisario do TED, Chris Anderson, Torvalds discute, cunha franqueza extraordinaria, os trazos de personalidade que impulsan a súa singular filosofía de traballo, enxeñaría e vida. "Non son un visionario, son un enxeñeiro" di Torvalds. "Alégrome moito polas persoas que pasean mirando para as nubes... pero eu miro para o chan e quero arranxar as fochas que teño en fronte de min, antes de caer nelas."

Tim Urban: Na mente dun mestre da procrastinación

TED2016

Tim Urban: Na mente dun mestre da procrastinación

15,392,931 views


Tim Urban sabe que non ten sentido procrastinar, pero nunca foi quen de librarse do hábito de esperar ata o último minuto para facer as cousas. Nesta charla hilarante e reveladora, Urban lévanos de viaxe polas enchentas de YouTube, os tobos de coellos e os episodios de contemplación a través da ventá... e anímanos a meditar sobre que estamos aprazando realmente, antes de quedar sen tempo.

Jessica Ladd: O sistema de denuncia que as vítimas de agresións sexuais queren

TED2016

Jessica Ladd: O sistema de denuncia que as vítimas de agresións sexuais queren

1,241,778 views


Jessica Ladd dinos que non temos que vivir nun mundo onde o 99% dos violadores queda impune. Con Callisto, unha nova plataforma que permite que as estudantes universitarias denuncien de forma confidencial agresións sexuais, Ladd axúdalles ás vítimas a lograr o apoio e a xustiza que merecen, respectando a privacidade que buscan. "Podemos crear un mundo onde haxa un elemento real de disuación perante a violación dos dereitos doutro ser humano", di.

Mileha Soneji: Trucos simples para a vida con párkinson

TEDxDelft

Mileha Soneji: Trucos simples para a vida con párkinson

760,559 views


As solucións simples son a miúdo as mellores, incluso cando hai que tratar con algo tan complicado coma o párkinson. Nesta charla inspiradora, Mileha Soneji describe deseños accesibles que fan máis doadas as tarefas cotiás de quen vive co párkinson. "A tecnoloxía non o é sempre a resposta", di ela. "O que precisamos son solucións centradas no ser humano".

Russ Altman: Que ocorre cando mesturamos medicamentos?

TEDMED 2015

Russ Altman: Que ocorre cando mesturamos medicamentos?

1,446,446 views


Se tomamos dous medicamentos distintos por motivos diferentes, hai algo no que deberíamos pensar seriamente: o noso médico pode non entender ben o que acontece coa combinación, dado que as interaccións entre medicamentos son dificilísimas de estudar. Nesta charla, fascinante e divulgativa, Russ Altman móstranos como estudan os médicos as interaccións inesperadas servíndose dun recurso sorprendente: as buscas por internet.

Celeste Headlee: 10 maneiras de ter unha conversación mellor

TEDxCreativeCoast

Celeste Headlee: 10 maneiras de ter unha conversación mellor

5,317,837 views


Cando o seu traballo depende do ben que fale coa xente, aprende moito a como manter conversacións -e que a maioría de nós non conversamos moi ben. Celeste Headlee traballou de presentadora de radio durante décadas e coñece os ingredientes dunha boa conversación: honestidade, concisión, claridade e unha boa dose de escoita. Nesta iluminadora charla, comparte 10 regras útiles para ter mellores conversacións. "Saia, fale coa xente, escoite á xente", di ela. "E, o máis importante, prepárese para marabillarse”.

Jocelyne Bloch: Pode que o cerebro sexa quen de repararse a si mesmo... con axuda.

TEDGlobal>Geneva

Jocelyne Bloch: Pode que o cerebro sexa quen de repararse a si mesmo... con axuda.

1,892,730 views


A través do tratamento de todo tipo de lesións, desde as provocadas por embolias cerebrais ata as causadas por accidentes de automóbil, a neurocirurxiá Jocelyne Bloch coñece moi ben a incapacidade do cerebro para repararse a si mesmo. Pero agora, ela suxire que, xunto cos seus colegas, quizais atoparon a clave da neurorreparación: as células positivas á doblecortina. Parecidas ás células nai, son extremadamente adaptables e, cando se extraen do cerebro, se cultivan e se reimplantan nunha área lesionada do mesmo cerebro, poden axudar a reparalo e reconstruílo. "Cunha pouca axuda", afirma Bloch, "o cerebro podería ser capaz de repararse a si mesmo".